venres, 14 de maio de 2021

Mañá 15/05/2021 actuaremos na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de A Coruña

 Mañá 15/05/2021 actuaremos ás 19:00 horas, polo "Día Internacional dos museos", na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de A Coruña. Animádevos!



martes, 22 de decembro de 2020

Mañá 23/12/2020 actuaremos no Teatro Jofre de Ferrol - A Coruña

 Mañá 23/12/2020 ás 12:30 h. estaremos no teatro Jofre de Ferrol.  "As mulleres na música galega". Este ano dedicado a Sofía Oriana Infante. 




domingo, 20 de decembro de 2020

Hoxe 20/12/2020 actuaremos en Curtis

Hoxe a partires das 12:00 actuaremos para potenciar o mercado local en Curtis. Animádevos!!



venres, 27 de novembro de 2020

Esta fin de semana de novo polos parques de A Coruña

Esta fin de semana seguimos amenizando os parques da cidade de A Coruña (dentro dos concertos programados co concello e aprazados pola situación actual).

A cultura segue viva. Non temos que darlle tregua á pandemia!!







venres, 20 de novembro de 2020

Esta fin de semana - Actuación nos Parques de A Coruña

Esta fin de semana, estaremos amenizando os parques da Coruña (dentro dos concertos programados co concello da Coruña e aprazados pola situación actual).

A cultura segue viva. Non temos que darlle tregua á pandemia!!



xoves, 30 de xullo de 2020

Mañá 31/07/2020 Actuación en Camariñas.

Mañá, entre as 19:00 e as 20:30 horas actuaremos no Festival das Artes Inclusivas en Camariñas, na Rúa Carme 14 (fronte Bar O Curbeiro). Agardámosvos cos cubre bocas!!!


mércores, 18 de decembro de 2019

Hoxe 18/12/2019 Actuación na Biblioteca Municipal de Estudos Locais - Coruña

Hoxe ás 19:00 horas actuaremos co motivo da XI edición do tradicional Concerto de Nadal na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.




xoves, 12 de decembro de 2019

Mañá 13/12/2019 Actuación no Museo de Belas Artes de A Coruña

Mañá 13/12/2019 ás 19:00 horas participaremos na IV Edición "As mulleres na música galega"; nesta ocasión adicada a  María del Pilar Couceiro. Actuaremos xunto con Marta Sancho Andrés (clarinete) e a homenaxeada (piano) no Museo de Belas Artes de A Coruña. 





mércores, 11 de decembro de 2019

Hoxe 11/12/2019 Actuación no CEIP O Marbán - As Somozas

Hoxe poidemos disfrutar dunha marabillosa actuación en compañía das rapazas e rapaces e do profesorado do CEIP O Marbán - As Somozas. Moitas grazas pola vosa acollida, inmellorable o comportamento e a participación. Grazas!!


venres, 31 de maio de 2019

xoves, 2 de maio de 2019

Mañá 03/05/2019 Actuación no XXIV Encontro de Música Coral Fonseca - A Coruña

Mañá 03/05/2019 ás 20:30 h. actuaremos no XXIV Encontro de Música Coral Fonseca na Igrexa dos Jesuitas en A Coruña. Esperámosvos!



martes, 16 de abril de 2019

Hoxe 16/04/2019 Actuación na Colexiata de Sta. María do Campo - A Coruña

Hoxe, 16/04/2019, ás 20:00 h. participaremos no XXX Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña organizado  polo Orfeón Herculino.



sábado, 30 de marzo de 2019

Actuación 31/03/2019 en A Arnoia - Ourense - Mulleres en igualdade

Mañá 31/03/2019 ás 18:30 actuaremos na Igrexa Parroquial San Salvador de A Arnoia - Ourense. Esperámosvos!


martes, 5 de marzo de 2019

Actuación 6 e 8/03/2019 en Santiago e A Coruña, respectivamente.

Semana adicada á muller! Vémonos mañá, 6 de marzo,  en Santiago, no   Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; e o venres, 8 de marzo, en Coruña, na Sala Garufa Club!


venres, 21 de decembro de 2018

sábado, 15 de decembro de 2018

Hoxe 15/12/2018 Actuación no Auditorio da Fundación Barrié


1918-2018, cen anos do nacemento de Milagros Porta Siso na Coruña, na Rúa Primavera 5, poderedes coñecer cousas da súa vida e da súa música

🎶💚💜 Hoxe 15 de decembro ás 18:00 h. rendemos homenaxe a unha  das grandes pioneiras en dirixir unha orquestra en España, a gran pianista  💜Milagros Porta Siso.💜

👉Convidámoslles a gozar dunha tarde de música xunto a EntrElas Grupo Vocal, á Coral Polifónica El Eco e aos solistas:  Maurizio Polsinelli e Ana María Navarrete Porta 👌

Esperámosvos!


venres, 7 de decembro de 2018

Hoxe 07/12/2018 Actuación no Paraninfo da Universidade de La Laguna - Tenerife

Preparadas e listas para actuar! So falta unha hora para participar no concerto benéfico"Una nota de cariño" coas Valkirias no Paraninfo da Universidade de La Laguna!


venres, 23 de novembro de 2018

Actuación 24/11/2018 Avilés

E chegou o día. Mañá ás 19:00 horas participaremos no "XXXV Certamen Coral Villa de Avilés". Alá imos, con moita forza e ganas de desfrutar. Novos retos para superar e mellorar. Vémonos alí!

Mais senón podedes ir eiquí vos deixo un enlace para seguilo en directo.

https://www.youtube.com/watch?v=FwF4ePGz_Oc&feature=youtu.be


domingo, 7 de outubro de 2018

Hoxe 07/10/2018 actuación na Fundación Luis Seoane

Hoxe 7 de outubro ás 13 h., co motivo das festas do Rosario, actuaremos la Fundación Luis Seoane.


xoves, 26 de xullo de 2018

Actuación 24/11/2018 en el XXXV Certamen Coral "Villa de Avilés"

O día 24 de novembro ás 19 h. participaremos no XXXV Certamen Coral "Villa de Avilés" que terá lugar na Casa de Cultura de Avilés sita en Plaza Domingo Álvarez Acebal.



venres, 13 de xullo de 2018

Hoxe 13/07/2018 actuación en Mugardos

Hoxe 13/07/2018 ás 22:00 h. actuaremos co motivo das Festas do Carme no Cantón de Cora, Mugardos.



venres, 25 de maio de 2018

mércores, 16 de maio de 2018

Actuación 18/05/2018 Fonseca

O venres 18 de maio ás 20:30 actuaremos en Fonseca dentro do XXIII Encontro de Música Vocal. Esperámosvos!

mércores, 9 de maio de 2018

Actuación 10 e 15/05/2018 en A Coruña (Teatro Rosalía/ Teatro Colón respectivamente)

Mañá, xoves 10 de maio e o próximo mércores 15 de maio alí estaremos.


Músicas participativas e inclusivas nace da unión da "Asociación Cultural Tres por Cuatro" co músico compositor e técnico sociosanitairo Robert Pier.

En 2016 presentaron "O poder curativo dos mantras" terapia musical enfocada na diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos mantras que o artista e terapeuta creou. Tras a gran acollida do proxecto volven ós escenarios cun alumnado máis amplo: CAPD, GRUMICO, ADCOR, AIND, ADACECO,COGAMI e ONCE.

Que xunto coa colaboración da Banda Municipal da Coruña e seu directo Juanjo Ocon, os coros Sotto voce, Ludus Tonalis, a artista Lydia Botana e o Grupo Vocal Entrelas,crean un espectáculo ecléctico , no que se pode apreciar a excelencia, a beleza e a diversidade na música.

domingo, 22 de abril de 2018

Actuación 22/04/2018 en Monte Alto

Hoxe sobre as 18:30 actuaremos en Monte Alto dentro das actuacións programadas durante a creación dun mural na escalinata de Adelaida Muros colaborando co colectivo Oasis Monte Alto.

xoves, 29 de marzo de 2018

Actuación 31/03/2018 no Babá Bar - Coruña

Este sábado 31 de marzo a partires das 21:30ofreceremos o mellor de nós, como xa é tradición, no Babá Bar, en A Coruña. Agardámosvos!



venres, 9 de marzo de 2018

Actuación 10/03/2018 Limodre - Fene

Mañá 10 de marzo ás 20:00 h. actuaremos co motivo da celebración do día da muller no local da asociación de veciños de Limodre - Fene. Agardámosvos.


O 16 de decembro actuamos no Auditorio Fundación Rodríguez Iglesias

O 16 de decembro ás 13:00 h. actuamos no Auditorio Fundación Rodríguez Iglesias co motivo doacto sobre "As mulleres na música galega MILAGROS PORTA SISO" coa intervención de Ana María Navarrete Porta, Antón de Santiago e Maurizio Polisinelli (Piano).


luns, 13 de novembro de 2017

Actuación 16/12/2017 Concello de Dodro - Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O sábado 16/12/2017, (co motivo da entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, na súa 30ª edición), actuaremos no concello de Dodro.



mércores, 25 de outubro de 2017

Actuación 28/10/2017 en O Seixo - Mugardos

O sábado 28 de outubro ás 20:00 horas actuaremos, co motivo do 90 aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo - Mugardos, no seu local.

Esperámosvos!!



venres, 6 de outubro de 2017

Actuación 07/10/2017 Sea Sons Festival

Mañana 7 de outubro ás 21:00 h. actuaremos co motivo do Sea Sons Festival na Fundación Luis Seoane.

Esperámosvos!

Convocatoria Facebook



luns, 7 de agosto de 2017

Hoxe 07/08/2017 actuación nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña

Hoxe 07/08/2017 ás 19:00 horas, actuaremos co motivo da presentación do libro "Fidel Castro, patria y muerte" de Enrique Meneses, con música cubana, nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña. Agardámosvos!

xoves, 3 de agosto de 2017

Actuación 03/08/2017 Praza do Pracer - Tui

Hoxe áss 20:00 h. actuaremos na Praza do Pracer dentro dos concertos programados dentro do "XXVIII Curso de verán de Dirección, canto, coro e orquesta - Tamara Brooks".


venres, 21 de xullo de 2017

Actuación 21/07/2017 no Auditorio da Once - A Coruña

Hoxe, venres 21 de xullo ás 20:00 h, no auditorio da Once (Cantón grande, 3. A Coruña) compartiremos o concerto de fin de curso:  os compañeiros da Once, EntrElas Grupo Vocal, o coro Sotto Voce e alumnos de Aind, do proxecto "Músicas participativas e inclusivas" realizado por Robert Pier.




A entrada é libre ata completar o aforo.


Os días 7 e 12 de xuño 2017 estivemos en Afaco (A Coruña) e Bar Émbora (Santiago) respectivamente



Grazas ao público maravilloso que tivemos e a  todos os que fixeron posible que estivéramos alí.

xoves, 20 de abril de 2017

Hoxe 20/04/17 actuación no Monty Ambigú - A Coruña

Hoxe ás 21:30 h. interpretaremos algunhas das nosas obras no Monty Ambigú. Invitámosvos a vir e pasar un bo rato na nosa compaña.


mércores, 8 de febreiro de 2017

Actuacións 18 e 24 /02/17 en Oleiros e no Babá Bar de A Coruña

Xa estamos de concerto, esta vez, por partida dobre! 

O sábado 18 ás 20:30, compartiremos cos nosos amigos, familiares, coñecidos e todas aquelas persoas que se queiran acercar a escoitarnos, ...música e emocións en" La fábrica" de Oleiros.  

E, uns días despois, o venres 24 ás 22:30continuaremos ofrecendo o mellor de nós, como xa é tradición, no Babá Bar, en Coruña. 



 


domingo, 1 de xaneiro de 2017

Actuación 03/01/17 no Centro de Día Castelao de Betanzos

O martes 3 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas actuaremos, co motivo da celebración da Festa de Reis, no Centro de Día Castelao de Betanzos.

luns, 19 de decembro de 2016

Hoxe 19/12/16 actuación no Centro Terapéutico Afaco

Hoxe 19/12/16 ás 19:00 horas, co motivo da Festa de Navidad, Entrelas actuará no Centro Terapéutico Afaco sito no Parque de San Diego, s/n, Centro Cívico de San Diego, Baixo (xusto enfronte a entrada do Ximnasio de San Diego) en A Coruña

venres, 16 de decembro de 2016

Hoxe 16/12/16 actuación no Auditorio Afundación (A Coruña)

Hoxe ás 20:00 horas no Auditorio Afundación en A Coruña actuación de Entrelas na Homenaxe a "Mili Porta" As mulleres na música galega.

Publicidade

Homenaxe a Pili Porta na CRTVG


sábado, 15 de outubro de 2016

Actuación 22/10/2016 Entrelas & Grupo Vocal Femenino "Cantar delas" - Igrexa de San Pedro de Lugo

O sábado 22/10/2016 ás 20:00 horas,   actuará outro ano mais o Grupo Vocal EntrElas  xunto co Grupo Vocal Femenino "Cantar delas" na Igrexa de San Pedro de Lugo.   


Celebración del 5º Aniversario de Entrelas en el Monty Ambigú - A Coruña

Co motivo do 5º aniversario do grupo, hoxe 15 de outubro de 2016, a partires  das 22:30 (mais ou menos) no Monty Ambigú interpretaremos algunhas das obras que temos no noso repertorio. Animádevos a vir e pasar un intre agradable coa nosa música.

Monty Ambigú

venres, 7 de outubro de 2016

Actuación o día 9 de outubro 2016 na Igrexa da Venerable Orden Terceira en A Coruña

O día 9 de outubro ás 18:00 horas ofrecerán un ameno e variado concerto de outono a Coral Polifónica Allegro de Vigo e o Grupo Vocal Entrelas de A Coruña.

luns, 29 de agosto de 2016

O día 27 de agosto 2016 estivemos en Ferrol

Este sabado 27 estivemos na praza do Inferniño en Ferrol co motivo das festas locais. Grazas ao público maravilloso que tivemos e coma non ao equipo de son e a todos os que fixeron posible que estiveramos alí.
Ferrol en festas.

Axenda Ferrol en festas



venres, 29 de xullo de 2016

Actuación o día 30 de xullo na sala Garufa co grupo "The Cerne"

O próximo sábado 30 de xullo ás 23:00 horas na sala Garufa concierto onde se mezclan as voces armoniosas de Entrelas  co rock  de The Cerne, unha explosión musical única.