luns, 7 de agosto de 2017

Hoxe 07/08/2017 actuación nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña

Hoxe 07/08/2017 ás 19:00 horas, actuaremos co motivo da presentación do libro "Fidel Castro, patria y muerte" de Enrique Meneses, con música cubana, nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña. Agardámosvos!

xoves, 3 de agosto de 2017

Actuación 03/08/2017 Praza do Pracer - Tui

Hoxe áss 20:00 h. actuaremos na Praza do Pracer dentro dos concertos programados dentro do "XXVIII Curso de verán de Dirección, canto, coro e orquesta - Tamara Brooks".


venres, 21 de xullo de 2017

Actuación 21/07/2017 no Auditorio da Once - A Coruña

Hoxe, venres 21 de xullo ás 20:00 h, no auditorio da Once (Cantón grande, 3. A Coruña) compartiremos o concerto de fin de curso:  os compañeiros da Once, EntrElas Grupo Vocal, o coro Sotto Voce e alumnos de Aind, do proxecto "Músicas participativas e inclusivas" realizado por Robert Pier.




A entrada é libre ata completar o aforo.


Os días 7 e 12 de xuño 2017 estivemos en Afaco (A Coruña) e Bar Émbora (Santiago) respectivamente



Grazas ao público maravilloso que tivemos e a  todos os que fixeron posible que estivéramos alí.

xoves, 20 de abril de 2017

Hoxe 20/04/17 actuación no Monty Ambigú - A Coruña

Hoxe ás 21:30 h. interpretaremos algunhas das nosas obras no Monty Ambigú. Invitámosvos a vir e pasar un bo rato na nosa compaña.


mércores, 8 de febreiro de 2017

Actuacións 18 e 24 /02/17 en Oleiros e no Babá Bar de A Coruña

Xa estamos de concerto, esta vez, por partida dobre! 

O sábado 18 ás 20:30, compartiremos cos nosos amigos, familiares, coñecidos e todas aquelas persoas que se queiran acercar a escoitarnos, ...música e emocións en" La fábrica" de Oleiros.  

E, uns días despois, o venres 24 ás 22:30continuaremos ofrecendo o mellor de nós, como xa é tradición, no Babá Bar, en Coruña. 



 


domingo, 1 de xaneiro de 2017

Actuación 03/01/17 no Centro de Día Castelao de Betanzos

O martes 3 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas actuaremos, co motivo da celebración da Festa de Reis, no Centro de Día Castelao de Betanzos.

luns, 19 de decembro de 2016

Hoxe 19/12/16 actuación no Centro Terapéutico Afaco

Hoxe 19/12/16 ás 19:00 horas, co motivo da Festa de Navidad, Entrelas actuará no Centro Terapéutico Afaco sito no Parque de San Diego, s/n, Centro Cívico de San Diego, Baixo (xusto enfronte a entrada do Ximnasio de San Diego) en A Coruña

venres, 16 de decembro de 2016

Hoxe 16/12/16 actuación no Auditorio Afundación (A Coruña)

Hoxe ás 20:00 horas no Auditorio Afundación en A Coruña actuación de Entrelas na Homenaxe a "Mili Porta" As mulleres na música galega.

Publicidade

Homenaxe a Pili Porta na CRTVG


sábado, 15 de outubro de 2016

Actuación 22/10/2016 Entrelas & Grupo Vocal Femenino "Cantar delas" - Igrexa de San Pedro de Lugo

O sábado 22/10/2016 ás 20:00 horas,   actuará outro ano mais o Grupo Vocal EntrElas  xunto co Grupo Vocal Femenino "Cantar delas" na Igrexa de San Pedro de Lugo.   


Celebración del 5º Aniversario de Entrelas en el Monty Ambigú - A Coruña

Co motivo do 5º aniversario do grupo, hoxe 15 de outubro de 2016, a partires  das 22:30 (mais ou menos) no Monty Ambigú interpretaremos algunhas das obras que temos no noso repertorio. Animádevos a vir e pasar un intre agradable coa nosa música.

Monty Ambigú

venres, 7 de outubro de 2016

Actuación o día 9 de outubro 2016 na Igrexa da Venerable Orden Terceira en A Coruña

O día 9 de outubro ás 18:00 horas ofrecerán un ameno e variado concerto de outono a Coral Polifónica Allegro de Vigo e o Grupo Vocal Entrelas de A Coruña.

luns, 29 de agosto de 2016

O día 27 de agosto 2016 estivemos en Ferrol

Este sabado 27 estivemos na praza do Inferniño en Ferrol co motivo das festas locais. Grazas ao público maravilloso que tivemos e coma non ao equipo de son e a todos os que fixeron posible que estiveramos alí.
Ferrol en festas.

Axenda Ferrol en festas



venres, 29 de xullo de 2016

Actuación o día 30 de xullo na sala Garufa co grupo "The Cerne"

O próximo sábado 30 de xullo ás 23:00 horas na sala Garufa concierto onde se mezclan as voces armoniosas de Entrelas  co rock  de The Cerne, unha explosión musical única.



martes, 8 de marzo de 2016

Actuación os días 1 e 2 abril 2016 en "la Ciudad de Torrevieja"

Co motivo do "30º Encuentro Coral Internacional Ciudad de Torrevieja" fumos invitadas a participar no mesmo, e alí estaremos os días 1 e 2 de abril. Se alguén ten pensado coller unhas vacacións eses días, xa sabedes, ¡vémonos alá!



Actuación CC San Diego 16 marzo 2016

Dentro dos actos programados no mes de marzo co motivo do día internacional  da muller, EntrElas actuará o vindeiro 16 de marzo no Centro Cívico de San Diego. Enlace


PARABENS PÚBLICO

Non sin tempo, dalas grazas a ese público que sempre está ahí.

En especial, pola cercanía no tempo, gracias un ano mais ao mesón "O Son de Cociña" de Fene, pola súa acollida e coma non ao seu público totalmente entregado; gracias á "Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo" de Mugardos e á súa directiva por cedernolo uso do seu local; e grazas, coma non ao "Babá Bar" de Coruña por contar un ano máis connosco e ao seu público, que aínda que actuabamos na casa para algúns eramos novidade e saíron sendo público incondicional. Todo un orgullo para nós. MOITAS GRAZAS

xoves, 11 de febreiro de 2016

Actuación 27/02/2016 no Babá Bar

Coma noutros anos, no mes de febreiro (27/02/2016), estaremos no Babá bar. Enamorádevos connosco por San Valentín.



Grabación temas 20/02/2016

O sábado 20/02/2016 estaremos de novo polo municipio de Mugardos, no Local da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, para aproveitar a boa acústica do seu local e grabar algúns dos temas interpretados por EntrElas.

Grazas de antemán á Sociedade polo seu ofrecemento e coma non pola súa boa acollida.

Un saúdo.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Actuación Mesón O Son de Cociña 06/02/2016


O Próximo 06/02/2016 ás 21:30 horas actuaremos no Mesón O Son de Cociña en Fene.





domingo, 13 de decembro de 2015

Concerto de Nadal o 23/12/2015 - Igrexa vella de Maniños

O Próximo 23/12/2015 ás 20:00 horas, dentro da programación preparada para estas datas polo Concello de Fene, Concerto de Nadal na igrexa vella de Maniños.

Entrevista radiofusión



sábado, 14 de novembro de 2015

Actuación 14/11/2015 - Iglesia de San Pedro de Lugo

Hoxe, sábado 14/11/2015 ás 20:00 horas,   actuará o Grupo Vocal EntrElas  xunto co Grupo Vocal Femenino "Cantar delas" na Igrexa de San Pedro de Lugo.   

Ver enlace Axenda Galicia Dixital




venres, 18 de setembro de 2015

EntrElas 18/9/2015 Local social do Couto

Hoxe venres 18/9/2015 e dentro da «Semana do corazón», organizada por el Concello de Narón e a entidade Amigos do Corazón, actuará o Grupo Vocal EntrElas dentro dos diferentes actos previstos para o día no Local Social do Couto.



sábado, 15 de agosto de 2015

Actuación o 21/08/2015 - Casa da Cultura de Pontedeume

O próximo venres 21 de agosto, ás 21:00 horas, actuaremos na Casa da Cultura de Pontedeume.



domingo, 8 de marzo de 2015

luns, 2 de marzo de 2015

sábado, 17 de xaneiro de 2015

venres, 12 de decembro de 2014

Concerto de Nadal 16/12/14, centro cívico San Diego

O próximo 16 de decembro, ás 19:30 horas, temos unha cita no centro cívico de San Diego. ¡Agardámosvos!     Enlace detalle do concerto.



mércores, 5 de novembro de 2014

Participación Certamen de nanas e panxoliñas de Villa Rojales Alicante

O próximo 20 de decembro participaremos no "XXXVI Certamen de nanas y villancicos Villa de Rojales"  en Alicante.      Enlace páxina do Certamen



mércores, 15 de outubro de 2014

Entrevista a EntrElas en O Seixo 11OC2014

Despois do concerto do 11 de outubro na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, Xurxo Gago, bibliotecario de dita Sociedade, fíxonos unha entrevista para o programa "Entrelazados" da Radio Filispín 93.9 FM a cal vaise emitir o vindeiro 15/10/2014 de 21:00 a 22:00 horas. (Reposicións: Venres 17/10/2014 de 02:00 a 03:00 horas da madrugada; e domingo de 09:00 a 10:00 horas).

domingo, 12 de outubro de 2014

Actuación en O Seixo

¡Grazas a todas aquelas persoas que, dun modo u outro, foron partícipes do gran día que tivemos na actuación de O Seixo - Mugardos, co motivo do 87 aniversario de la Sociedade Amigos da Paisaxe Galega!



venres, 3 de outubro de 2014

Rosario Orfebre Vocal

Un ano máis, e coincidindo coa celebración das festa do Rosario, impartirase o taller de técnica vocal e canto coral Rosario Orfebre Vocal na Fundación Luis Seoane. Dentro do programa de actividades, e como fin de curso, incluirase o concerto do día 5 de outubro ás 20:00 horas do Grupo Vocal Entrelas.

Programa curso Rosario-Orfebre-Vocal.pdf
Publicación en La Opinión de A Coruña
Programa festas do Rosario
Publicidade da actuación



mércores, 24 de setembro de 2014

Actuación CC San Diego 23SP14

No centro cívico de San Diego celebrouse o 23 de setembro de 2014 un acto en homenaxe a tres dos seus socios maiores máis activos, Dolores López, Marisa Pujalte y Enrique Aguiar. A homenaxe comezou ás sete da tarde e estivo amenizada polo grupo grupo vocal EntrElas.

 Noticia en La Opinión A Coruña


mércores, 2 de xullo de 2014

Próxima actuación

11/10/2014 no local da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo (Mugardos) A Coruña.