mércores, 15 de outubro de 2014

Entrevista a EntrElas en O Seixo 11OC2014

Despois do concerto do 11 de outubro na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, Xurxo Gago, bibliotecario de dita Sociedade, fíxonos unha entrevista para o programa "Entrelazados" da Radio Filispín 93.9 FM a cal vaise emitir o vindeiro 15/10/2014 de 21:00 a 22:00 horas. (Reposicións: Venres 17/10/2014 de 02:00 a 03:00 horas da madrugada; e domingo de 09:00 a 10:00 horas).

domingo, 12 de outubro de 2014

Actuación en O Seixo

¡Grazas a todas aquelas persoas que, dun modo u outro, foron partícipes do gran día que tivemos na actuación de O Seixo - Mugardos, co motivo do 87 aniversario de la Sociedade Amigos da Paisaxe Galega!



venres, 3 de outubro de 2014

Rosario Orfebre Vocal

Un ano máis, e coincidindo coa celebración das festa do Rosario, impartirase o taller de técnica vocal e canto coral Rosario Orfebre Vocal na Fundación Luis Seoane. Dentro do programa de actividades, e como fin de curso, incluirase o concerto do día 5 de outubro ás 20:00 horas do Grupo Vocal Entrelas.

Programa curso Rosario-Orfebre-Vocal.pdf
Publicación en La Opinión de A Coruña
Programa festas do Rosario
Publicidade da actuación