venres, 21 de decembro de 2018

sábado, 15 de decembro de 2018

Hoxe 15/12/2018 Actuación no Auditorio da Fundación Barrié


1918-2018, cen anos do nacemento de Milagros Porta Siso na Coruña, na Rúa Primavera 5, poderedes coñecer cousas da súa vida e da súa música

🎶💚💜 Hoxe 15 de decembro ás 18:00 h. rendemos homenaxe a unha  das grandes pioneiras en dirixir unha orquestra en España, a gran pianista  💜Milagros Porta Siso.💜

👉Convidámoslles a gozar dunha tarde de música xunto a EntrElas Grupo Vocal, á Coral Polifónica El Eco e aos solistas:  Maurizio Polsinelli e Ana María Navarrete Porta 👌

Esperámosvos!


venres, 7 de decembro de 2018

Hoxe 07/12/2018 Actuación no Paraninfo da Universidade de La Laguna - Tenerife

Preparadas e listas para actuar! So falta unha hora para participar no concerto benéfico"Una nota de cariño" coas Valkirias no Paraninfo da Universidade de La Laguna!


venres, 23 de novembro de 2018

Actuación 24/11/2018 Avilés

E chegou o día. Mañá ás 19:00 horas participaremos no "XXXV Certamen Coral Villa de Avilés". Alá imos, con moita forza e ganas de desfrutar. Novos retos para superar e mellorar. Vémonos alí!

Mais senón podedes ir eiquí vos deixo un enlace para seguilo en directo.

https://www.youtube.com/watch?v=FwF4ePGz_Oc&feature=youtu.be


domingo, 7 de outubro de 2018

Hoxe 07/10/2018 actuación na Fundación Luis Seoane

Hoxe 7 de outubro ás 13 h., co motivo das festas do Rosario, actuaremos la Fundación Luis Seoane.


xoves, 26 de xullo de 2018

Actuación 24/11/2018 en el XXXV Certamen Coral "Villa de Avilés"

O día 24 de novembro ás 19 h. participaremos no XXXV Certamen Coral "Villa de Avilés" que terá lugar na Casa de Cultura de Avilés sita en Plaza Domingo Álvarez Acebal.



venres, 13 de xullo de 2018

venres, 25 de maio de 2018

mércores, 16 de maio de 2018

Actuación 18/05/2018 Fonseca

O venres 18 de maio ás 20:30 actuaremos en Fonseca dentro do XXIII Encontro de Música Vocal. Esperámosvos!

mércores, 9 de maio de 2018

Actuación 10 e 15/05/2018 en A Coruña (Teatro Rosalía/ Teatro Colón respectivamente)

Mañá, xoves 10 de maio e o próximo mércores 15 de maio alí estaremos.


Músicas participativas e inclusivas nace da unión da "Asociación Cultural Tres por Cuatro" co músico compositor e técnico sociosanitairo Robert Pier.

En 2016 presentaron "O poder curativo dos mantras" terapia musical enfocada na diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos mantras que o artista e terapeuta creou. Tras a gran acollida do proxecto volven ós escenarios cun alumnado máis amplo: CAPD, GRUMICO, ADCOR, AIND, ADACECO,COGAMI e ONCE.

Que xunto coa colaboración da Banda Municipal da Coruña e seu directo Juanjo Ocon, os coros Sotto voce, Ludus Tonalis, a artista Lydia Botana e o Grupo Vocal Entrelas,crean un espectáculo ecléctico , no que se pode apreciar a excelencia, a beleza e a diversidade na música.

domingo, 22 de abril de 2018

Actuación 22/04/2018 en Monte Alto

Hoxe sobre as 18:30 actuaremos en Monte Alto dentro das actuacións programadas durante a creación dun mural na escalinata de Adelaida Muros colaborando co colectivo Oasis Monte Alto.

xoves, 29 de marzo de 2018

Actuación 31/03/2018 no Babá Bar - Coruña

Este sábado 31 de marzo a partires das 21:30ofreceremos o mellor de nós, como xa é tradición, no Babá Bar, en A Coruña. Agardámosvos!



venres, 9 de marzo de 2018

Actuación 10/03/2018 Limodre - Fene

Mañá 10 de marzo ás 20:00 h. actuaremos co motivo da celebración do día da muller no local da asociación de veciños de Limodre - Fene. Agardámosvos.


O 16 de decembro actuamos no Auditorio Fundación Rodríguez Iglesias

O 16 de decembro ás 13:00 h. actuamos no Auditorio Fundación Rodríguez Iglesias co motivo doacto sobre "As mulleres na música galega MILAGROS PORTA SISO" coa intervención de Ana María Navarrete Porta, Antón de Santiago e Maurizio Polisinelli (Piano).