luns, 13 de novembro de 2017

Actuación 16/12/2017 Concello de Dodro - Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O sábado 16/12/2017, (co motivo da entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, na súa 30ª edición), actuaremos no concello de Dodro.



mércores, 25 de outubro de 2017

Actuación 28/10/2017 en O Seixo - Mugardos

O sábado 28 de outubro ás 20:00 horas actuaremos, co motivo do 90 aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo - Mugardos, no seu local.

Esperámosvos!!



venres, 6 de outubro de 2017

luns, 7 de agosto de 2017

Hoxe 07/08/2017 actuación nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña

Hoxe 07/08/2017 ás 19:00 horas, actuaremos co motivo da presentación do libro "Fidel Castro, patria y muerte" de Enrique Meneses, con música cubana, nos xardíns de Méndez Núñez - A Coruña. Agardámosvos!

xoves, 3 de agosto de 2017

Actuación 03/08/2017 Praza do Pracer - Tui

Hoxe áss 20:00 h. actuaremos na Praza do Pracer dentro dos concertos programados dentro do "XXVIII Curso de verán de Dirección, canto, coro e orquesta - Tamara Brooks".


venres, 21 de xullo de 2017

Actuación 21/07/2017 no Auditorio da Once - A Coruña

Hoxe, venres 21 de xullo ás 20:00 h, no auditorio da Once (Cantón grande, 3. A Coruña) compartiremos o concerto de fin de curso:  os compañeiros da Once, EntrElas Grupo Vocal, o coro Sotto Voce e alumnos de Aind, do proxecto "Músicas participativas e inclusivas" realizado por Robert Pier.




A entrada é libre ata completar o aforo.


Os días 7 e 12 de xuño 2017 estivemos en Afaco (A Coruña) e Bar Émbora (Santiago) respectivamente



Grazas ao público maravilloso que tivemos e a  todos os que fixeron posible que estivéramos alí.

xoves, 20 de abril de 2017

Hoxe 20/04/17 actuación no Monty Ambigú - A Coruña

Hoxe ás 21:30 h. interpretaremos algunhas das nosas obras no Monty Ambigú. Invitámosvos a vir e pasar un bo rato na nosa compaña.


mércores, 8 de febreiro de 2017

Actuacións 18 e 24 /02/17 en Oleiros e no Babá Bar de A Coruña

Xa estamos de concerto, esta vez, por partida dobre! 

O sábado 18 ás 20:30, compartiremos cos nosos amigos, familiares, coñecidos e todas aquelas persoas que se queiran acercar a escoitarnos, ...música e emocións en" La fábrica" de Oleiros.  

E, uns días despois, o venres 24 ás 22:30continuaremos ofrecendo o mellor de nós, como xa é tradición, no Babá Bar, en Coruña. 



 


domingo, 1 de xaneiro de 2017

Actuación 03/01/17 no Centro de Día Castelao de Betanzos

O martes 3 de xaneiro de 2017 ás 17:00 horas actuaremos, co motivo da celebración da Festa de Reis, no Centro de Día Castelao de Betanzos.