mércores, 18 de decembro de 2019

Hoxe 18/12/2019 Actuación na Biblioteca Municipal de Estudos Locais - Coruña

Hoxe ás 19:00 horas actuaremos co motivo da XI edición do tradicional Concerto de Nadal na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.




xoves, 12 de decembro de 2019

Mañá 13/12/2019 Actuación no Museo de Belas Artes de A Coruña

Mañá 13/12/2019 ás 19:00 horas participaremos na IV Edición "As mulleres na música galega"; nesta ocasión adicada a  María del Pilar Couceiro. Actuaremos xunto con Marta Sancho Andrés (clarinete) e a homenaxeada (piano) no Museo de Belas Artes de A Coruña. 





mércores, 11 de decembro de 2019

Hoxe 11/12/2019 Actuación no CEIP O Marbán - As Somozas

Hoxe poidemos disfrutar dunha marabillosa actuación en compañía das rapazas e rapaces e do profesorado do CEIP O Marbán - As Somozas. Moitas grazas pola vosa acollida, inmellorable o comportamento e a participación. Grazas!!


venres, 31 de maio de 2019

xoves, 2 de maio de 2019

Mañá 03/05/2019 Actuación no XXIV Encontro de Música Coral Fonseca - A Coruña

Mañá 03/05/2019 ás 20:30 h. actuaremos no XXIV Encontro de Música Coral Fonseca na Igrexa dos Jesuitas en A Coruña. Esperámosvos!



martes, 16 de abril de 2019

Hoxe 16/04/2019 Actuación na Colexiata de Sta. María do Campo - A Coruña

Hoxe, 16/04/2019, ás 20:00 h. participaremos no XXX Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña organizado  polo Orfeón Herculino.



sábado, 30 de marzo de 2019

Actuación 31/03/2019 en A Arnoia - Ourense - Mulleres en igualdade

Mañá 31/03/2019 ás 18:30 actuaremos na Igrexa Parroquial San Salvador de A Arnoia - Ourense. Esperámosvos!


martes, 5 de marzo de 2019

Actuación 6 e 8/03/2019 en Santiago e A Coruña, respectivamente.

Semana adicada á muller! Vémonos mañá, 6 de marzo,  en Santiago, no   Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; e o venres, 8 de marzo, en Coruña, na Sala Garufa Club!