martes, 14 de decembro de 2021

O 18/12/2021 Actuación na Casa Consistorial - A Coruña

O vindeiro sábado 18/12/2021 estaremos de novo coas Panxoliñas na Casa Consistorial en A Coruña. Vémonos Alí!



venres, 10 de decembro de 2021

Mañá 11/12/2021 actuación no Salón de Actos da Autoridade Portuaria e na Casa Consistorial de A Coruña

Mañá 11/12/2021, ás 12:30 horas,  actuaremos  en "As mulleres na música galega", este ano dedicado a María Muñoz Portal (De Quevedo), no Salón de Actos da Autoridade Portuaria de A Coruña. Animádevos!


E para aquelas persoas amantes das panxoliñas temos un dobrete ás 20:00 horas no concello Ídesvolo perder?



martes, 16 de novembro de 2021

O 20-21/11/2021 Actuaremos en Méndez Núñez e na Casa Museo PICASSO - A Coruña

 O vindeiro 20/11/2021 ás 12:30 horas actuaremos en Méndez Núñez e o 21/11/2021 ás 13:30 horas na Casa Museo PICASSO. Animádevos!



xoves, 28 de outubro de 2021

O Sábado 30/10/2021 Actuaremos na Capela da Madalena - Arzúa

 O vindeiro sábado 30/10/2021 ás 18:00 h. actuaremos dentro do programa "Elas a capela" na Capela da Madalena. Agardámosvos.



xoves, 21 de outubro de 2021

O Domingo 24/10/2021 Actuación no CSC CONXO - Santiago de Compostela

O domingo 24/10/2021 de 12:30 ás 13:30 horas, dentro do Programa Sons, actuaremos no CSC CONXO, na cidade de Santiago de Compostela. Animádevos e conseguide as vosas acreditacións!

Enlace Programa Sons

Enlace Entrelas Sons  





venres, 6 de agosto de 2021

Hoxe 06/08/2021 estaremos en Silleda - Pontevedra

Hoxe 06/08/2021 ás 21:00 horas participaremos no concerto de apertura da 32ª edición do curso TAMARA BROOKS no Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda - Pontevedra. 

Evento Curso "Tamara Brooks"     Evento Concerto de apertura




venres, 25 de xuño de 2021

Hoxe 25/06/2021 e o 02/07/2021 estaremos no Castelo de San Antón - A Coruña

Hoxe 25/06/2021 ás 20:30 h. e o 02/07/2021 ás 21:30 h. actuaremos no Castelo de San Antón. Si aínda non reservaches a túa entrada non o dubides, solicítaa en grupovocalentrelas@gmail.com. Son gratuitas (ata completar aforo). Ánimo agardámoste!

@concellodacoruña

venres, 14 de maio de 2021

Mañá 15/05/2021 actuaremos na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de A Coruña

 Mañá 15/05/2021 actuaremos ás 19:00 horas, polo "Día Internacional dos museos", na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de A Coruña. Animádevos!