domingo, 12 de febreiro de 2023

Volta á "normalidade"

 Coma sempre, queremos compartir convosco un resumo do que foi para nós este ano: o  2022. Un ano intenso, con moitas emocións e moita música. Ao revisalo, e reflexionar sobre todo o que aconteceu, ollamos que hai unha constante: vós, o noso público, sempre estades aí e grazas a iso seguimos cantando.

 Queremos aproveitar esta publicación para darvos as GRAZAS por permanecer sempre fieis, a pesar de toda a difícil situación vivida nestes anos.

 Poñemos punto e final ao 2022 e, con moita ilusión, damos a benvida a un novo ano cargado de música.

Estade atentas/-os que de contado teremos novidades que contarvos!