martes, 8 de marzo de 2016

Actuación os días 1 e 2 abril 2016 en "la Ciudad de Torrevieja"

Co motivo do "30º Encuentro Coral Internacional Ciudad de Torrevieja" fumos invitadas a participar no mesmo, e alí estaremos os días 1 e 2 de abril. Se alguén ten pensado coller unhas vacacións eses días, xa sabedes, ¡vémonos alá!



Actuación CC San Diego 16 marzo 2016

Dentro dos actos programados no mes de marzo co motivo do día internacional  da muller, EntrElas actuará o vindeiro 16 de marzo no Centro Cívico de San Diego. Enlace


PARABENS PÚBLICO

Non sin tempo, dalas grazas a ese público que sempre está ahí.

En especial, pola cercanía no tempo, gracias un ano mais ao mesón "O Son de Cociña" de Fene, pola súa acollida e coma non ao seu público totalmente entregado; gracias á "Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo" de Mugardos e á súa directiva por cedernolo uso do seu local; e grazas, coma non ao "Babá Bar" de Coruña por contar un ano máis connosco e ao seu público, que aínda que actuabamos na casa para algúns eramos novidade e saíron sendo público incondicional. Todo un orgullo para nós. MOITAS GRAZAS